RELEVO FORMAS DE RELEVO (outeiro, val, ladeira...)
LOCALIZACIÓN DAS FORMAS DE RELEVO NA ÁREA A zona a estudar caracterízase polo seu desnivel, está situada nun outeiro e observase un desnivel dende A Estrada e que comeza a cambiar na zona dos muíños. Pola súa parte os ríos caracterízanse polo seu encaixamento.Os ríos atópanse na beira, bordeando a zona a estudar.Observamos un desnivel do terreo ata a zona dos muíños onde o terreo empeza a ascender. O río principal e o Barranco ou Figueroa, no que desembocan dous pequenos regatos, o Regueiro e o Río dos Sapos. Todos eles de curso de auga intermitente e cun caudal de auga baixo, augas limpas cun baixo nivel de residuos e contaminación.
VEXETACIÓN
EXTENSIÓN, LOCALIZACIÓN E ESPECIES VEXETAIS:
As árbores autóctonas caracterízanse pola súa localización na ribeira dos ríos.As árbores alóxenas caracterízanse pola súa localización lonxe da ribeira dos ríos.
Estas especies son moi fáciles de encontrar tanto no interior do bosque coma na beira dos ríos.
O prado pódese atopar entre a ribeira dos ríos e o monte.De vexetación autóctona na ribeira do río atopamos o carballo, o castiñeiro, o ameneiro e o loureiro real como árbores características.
As especies autoctonas características do monte baixo son: o toxo, a silveira a matogueira e o fento.
A vexetación alóxena atopase alonxada da ribeira dos río sendo o eucalipto a árbore máis característica.
Na zona a estudar non se observan especies alóxenas de monte baixo.
ESTADO ACTUAL
Na actualidade a vexetación da zona a estudar presenta unha situación de abandono onde predominan a maleza e unha gran cantidade de residuos. Predominan os camiños tortuosos e con mala visión debido á gran cantidade de maleza característica da zona.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario