Só cando se comenzou a construcción da Academia Galega de Seguridade se levantaron protestas por dous motivos: no lugar onde se construía atopouse unha mámoa, e moitos, en interese da conservación do patrimonio cultural tentaron que as obras se pararan. No artigo de “La Voz de Galicia” que se inclúe neste traballo, dase conta do resultado final das protestas, e dos argumentos que a Xunta de Galicia utilizou para autorizar a continuación das obras: carencia de restos arqueolóxicos de relevancia, se se exclúen algúns restos cerámicos. O outro motivo de protesta relacionábase co desexo de preservar o patrimonio natural. Boa parte dos terreos estaban ocupados por unha carballeira, da que hoxe só queda unha pequena parte, e de árbores de outras especies como os acevros, hoxe en día en perigo de extinción. Moitos foron derrubados, pero dous aínda xoves foron trasladados para o xardín do I E S Antón Losada, por iniciativa dun grupo da alumnos guiados por un prefesor. E alí están a día de hoxe. Unha historia bonita.
Yolanda Cerviño Rodríguez
Lucía Barcia Ferro
No hay comentarios:
Publicar un comentario