lunes, 23 de marzo de 2009

Castros de Galicia por Regina e Andrea II

CASTROS DE GALICIA

Un
castro é un poboado típico do noroeste da Península Ibérica durante a Idade do Ferro, no que se coñece como Cultura Castrexa.

Citania e cividade son sinónimos de castro, se ben en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.
Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, inda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.



Tipoloxía dos castros


Segundo a súa localización pódense dividir en:


* Castros de interior.

Constitúen o tipo máis frecuente e característico. Están situados en outeiros ou elevacións prominentes, pero raras veces en cumios altos. Teñen planta circular ou ovalada e contan con unha ou varias murallas. Dous exemplos son o castro de Coaña e o de Viladonga.


* Castros de montaña.


Situados en zonas montañosas altas. Localízanse nas ladeiras e teñen forma oval, con foxos artificiais polo lado superior e murallas ou terrapleno cara ao val. Datan de época romana e están vencellados a explotacións mineiras. Dous exemplos son os de Vilar no Caurel e Xegunde na Fonsagrada.


* Castros costeiros.

Son de planta variada, adaptándose ao terreo. As defensas naturais do lado do mar vense complementadas con murallas e foxos cara ao interior. Son moi abundantes e dous exemplos son os de Baroña na Barbanza e Fazouro na Mariña.


O urbanismo dos castros:

Os poboados castrexos acostuman acerguerse en outeiros despexados, promontorios rochosos ou penínsulas que se adentran no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. O lugar do asentamento vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores. Os castros contan cun recinto superior, a "croa", e unha serie de socalcos cara abaixo onde se sitúan as construcións. Cada unha destas seccións pode estar limitada por murallas, parapetos ou foxos. Ás veces hai unha especie de engadidos, os antecastros, que tamén se arrodean de murallas pero non albergan vivendas, polo que se supón que estaban destinados a animais ou hortos.


Dimensións

No actual territorio de Galicia os castros predominantes son os de tamaño pequeno e mediano, porén hai un aumento no tamaño medio entre o norte, onde os castros non adoitan superar as 2 hectáreas: con exemplos como o Castro de Baroña de 2,26 Ha ou as máis de 3 Ha do Castro de Elviña, e o sur, onde mesmo existen castros de 20 ha, como o de Santa Tegra xa pertencente ao momento final da cultura castrexa, ou o Castro de San Cibrao de Las de 9,5 Ha. No norte de Portugal atópanse os castros ou citanías de maiores dimensións e dun proceso de romanización máis avanzado: a Citania de Briteiros, a de Sanfíns, ou Mozinho.Todos estes datos deben ser valorados tendo en conta que a gran maioría dos castros do noroeste peninsular non foron obxecto de estudo, e aqueles que o foron foi de xeito parcial, o que loxicamente da resultados tamén parciais.


Sistemas defensivos


Os castros adoitan ter unha única entrada que tamén ten a función de impedir o paso. Nalgúns casos é un simple engrosamento nos remates da muralla; noutros, un entrepano da muralla sobrepasa ao outro formando un corredor estreito. Suponse que se fechaban con portas de madeira. As defensas dos castros non parecen responder a necesidades bélicas senón de prestixio e de delimitación simbólica do espazo habitado. De feito, son poucas as armas que se teñen atopado. Ademais das defensas naturais, atópanse estruturadas de diversos tipos:

* Terraplenos: desniveis no terreo formados por terra e pedra, que poden ser naturais. Son a base das defensas e habitualmente proveñen dos entullos das obras fundacionais no interior.

* Parapetos: elevacións artificiais do terreo nos puntos máis desprotexidos (entradas e zonas chás).

* Foxos: gabias alongadas e profundas, xeralmente asociadas aos parapetos, que poden estar escavadas en terra ou rocha viva.

* Murallas: defensas de cachotería de tipoloxía variada, como por exemplo dous muros paralelos de pedras cun recheo de pedra. Desde o interior subíase a eles mediante escadas de madeira, laxas encastradas, rampas ou pedras. Poden existir torres defensivas nos accesos ás portas. Son elementos tardíos.



Castro de Santa Tegra.

O máis habitual é a ausencia de organización urbanística. No século I d.C. aparecen agrupamentos de edificacións ("barrios"), formados por varias construcións arrodeadas por un muro cunha soa abertura cara á rua. Pódese tratar de unidades familiares nas que unha construción sería a vivenda e as outras silos, cortes ou alpendres. As casas non comparten paredes medianeiras, senón que están separadas das demais, non se sabe se como reflexo da idiosincrasa desta cultura ou debido ás dificuldades para o facer nas construcións circulares. Tampouco contan con xanelas.

O piso das vivendas era de barro pisado. Con anterioridade aos séculos II-III a.C. os muros construíanse maiormente de pallabarro, cun poste de madeira central; posteriormente usouse cachotería en fiadas máis ou menos horizontais (ou poligonais, nalgún caso). As cobertas facíanse de colmo reforzado con barro e suxeito por pesos ou posteriormente de tellas (tégula e ímbrice). A partir do século I d.C., sob a influencia romana, fanse máis abundantes as plantas cadradas ou rectangulares. O elemento esencial dunha vivenda é a lareira, que no cambio de Era situábase no centro e estaba feita con laxes ou barro e a finais do século I d.C. desprázase cara a un lateral e faise, nalgúns casos, con tégulas.
Sospéitase que algúns edificios grandes nos que un banco de pedra percorre o muro e nos que non se atopan restos de habitación puideran ter sido recintos de reunión. Téñense localizados tamén fornos de cerámica e alfares, preferentemente próximos ás saídas ou no exterior.


Os castros do Noroeste de Portugal e Galiza serán conxuntamente avaliados pola UNESCO para seren candidatos a patrimonio mundial.













Director: ,
Productora: , ..

SINOPSE: Santa Tegra é, xunto co Castro de Baroña, un dos depósitos castrexos máis visitados e coñecidos de Galicia. Ubicado nun monte na desembocadura do Miño, Santa Tegra foi excavado desde primeiros de século. ArteHistoria.com, da Junta de Castilla y León, presenta esta recreación virtual do castro que podemos ver a vista de paxaro.

Videos Novas Relacionadas

Videos (ver os 1 videos)

Director: Ignacio De la Cierva,
Protagonistas: Saily Cabezas , Jesús Castro , Paula Couceiro , Isabel Naveira , Pablo Novo , María Simarro , Silvia Tortajada , ..( Ficha completa )
Productora: Consellería de Cultura (Xunta de Galicia), Tresdeseos, ..

SINOPSE: O castro de Viladonga é un dos depósitos castrexos máis afamados do país. Esta curtametraxe permite aos visitantes do museo do castro coñecer en detalle o asentamento tal e como estaba no seu periodo de máximo apoxeo.

Videos Novas Relacionadas

Videos (ver os 1 videos)


Director: ,
Productora: , ..

SINOPSE: Unha viaxe no tempo á Idade do Ferro no Castro de Elviña (A Coruña). O Grupo de Visualización Avanzada da Universidade da Coruña (Videalab), realizou esta reconstrución en tempo real do Castro de Elviña e o seu contexto na cidade da Coruña en colaboración con Dygra Filmes e a Consellería de Urbanismo do Concello.

Videos Novas Relacionadas

Videos (ver os 1 videos)




O castro da casa do monte.


Casa do Monte. Santa Cristina de Vea. A Estrada (Pontevedra).


Hai un castro que contiña, segundo o vulgo, algún encantos e, para desconxura-los, presentouse alí un sacerdote en certa ocasión, acompañado de varios veciños, e empezaron a facer escavaiós que deron por resultado o atopar o tobo dun porco teixo...


Nunha pedra de laxe unha señorita encantada vestida de branco tiña unha tenda e ós que pasaban po-la súa beira dicíalles:


_ Desencantádeme que eu non vos fago mal ningún e dareivos moitos tesouros. Voume volver nunha cobra, pero non me teñades medo, que non vos vou facer nada.


Pero todos fuxían e non querían facer nada con ella.


Hai moitos anos, xa llo contaba a miña avoa, un home de aquí marchou para as Américas e estando un día en Bos Aires, encontrouse cun home de alá, da montaña, de cara a Lalín ou Chantada, non me acordo ben. Puxéronse a falar e saíu na conversa de onde era. Ó dicirlle de Santa Cristina de Vea, o outro home díxolle:


—Bo, se es de alí, non che facía falta vir ás Américas.


E ensinoulle un libro onde sabía el que había un tesouro moi grande escondido.


Entón o home voltou para acá e encontrou o tesouro e fíxose moi rico, pero cando morreu volveu esconder o tesouro e non se sabe del.


Eu mesma, aquí, na eira, encontrei unhas olas de barro con carbóns queimados dentro metidos nun buraco coma se fora un forniño pequeno.


Cando fixen este cuberto tiven que achantar moita terra do monte que sobe por detrás da eira e encontrei dúas arandelas cunhas boliñas no remate. Brilaban tanto que meu irmán e eu pensamos que podían ser de ouro. Púxenme a estira-las e romperon, e dentro non tiñan máis que terra qeimada. Entón xa non valían para nada e tireinas.


Algún veciño de que alí viviron os mouros e que tiñan moitos tesouros.







No hay comentarios:

Publicar un comentario