A festa do carneiro ó espeto é unha festa gastronómica que se celebra en Moraña o último domingo do mes de xullo. No ano 2007 a festa chegou á súa edición número 38, sendo un dos certames gastronómicos máis antigos de toda Galiza e un dos máis importantes da provincia de Pontevedra.
A festa, a cal foi decladada de Interese Turístico Galego pola Consellería de Cultura, celébrase na carballeira de Santa Lucía da vila pontevedresa, onde na súa última edición degustáronse 150 lotes, que ademais do carneiro incluen tamén empanadas, pan, viño, cafés ou augardentes para un total de 20 comensais, reunindo na xuntanza a unhas 3.000 persoas.
A orixe da súa preparación remóntase aos anos 20, cando un morañés retornado da Arxentina, xunto cun mozo arxentino, comezaron a preparar comidas asando os carneiros ao estilo "campeiro", converténdose nunha tradición da zona co paso dos anos. A principios dos anos 70, os responsables da festa da Xuventude decidiron crear unha festa gastronómica baseada no éxito do plato, nacendo así a festa do carneiro ó espeto.

Maikel Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario