martes, 17 de marzo de 2009





Maikel Fernandez

Alumno de Xeografia e Historia de Galicia




Rapa das Bestas de Sabucedo


Que é?
Home e cabalo. A rapa das bestas de Sabucedo enfronta, dende hai centos de anos, dúas forzas da natureza. Os cabalos salvaxes desta terra xúntanse para ser rapados polos aloitadores da aldea. Miles de visitantes son testemuñas privilexiadas deste rito anual.
A primeira fin de semana de xullo, un pequeno lugar, unha poboación que se multiplica. A rapa das bestas como principio e fin. A convivencia e a festa como transfondo.
Suor, esforzo, po e néboa. A madrugada para xuntalas bestas e comenzar a baixa. Traballo para os mozos da aldea, pero tamén para os visitantes que, por miles, acoden á cita. As tendas de campaña son o seu fogar durante tres días. A loita nobre entre o home e o cabalo, o que agardan ver.
Os días adícanse a rapa das bestas. Ás noites aínda quedan forzas para disfrutar da comida, o viño e a música. Os aloitadores/as cumpriron co seu rito iniciático, unha celebración non contaminada de intereses comerciais e que se celebra do mesmo xeito dende hai cinco séculos.

Como é?
A Rapa das Bestas é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo, no territorio do concello da Estrada durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de Xullo.
Na actualidade ten máis de 600 cabalos chamadas bestas as femias e garañóns os machos, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se proecede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da Rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. Unha pequena pero fermosa tradición dentro da grande tradición que é a Rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrono de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.
A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudioso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.

A sua historia
Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser preromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos.Recentemente a festa foi declarada este ano 2007 de Interese Turístico Internacional,quedando asi entre as catro que teñen este galardón en Galiza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario