martes, 24 de marzo de 2009

O Camiño de Santiago por Lorena e María

O CAMIÑO DE SANTIAGO





DEFINICIÓN:







O Camiño de Santiago é un conxunto de vías de acceso de peregrinos a Santiago, creado a partir da descuberta dos restos do Apóstolo no lugar do Libredón, en Santiago de Compostela, durante o reinado de Afonso II.


HISTORIA:

O culto a Santiago esténdese por Galicia e Asturias. Tras a peregrinación do rei Afonso II ao sartego do apóstolo, o rei mandou construír unha igrexa e estableceu unha comunidade relixiosa permanente. Afonso III ordenou edificar unha nova basílica, que consagraron no ano 899 e é no seu reinado cando a peregrinación cara Compostela chega ata os Pireneos. No século X comezou a desenvolverse o camiño francés, coa chegada de peregrinos de Tours, Limoges e Le Puy.
A comezos do século XI, Sancho III O Maior fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os Pirineos e Náxera e aproveitar o trazado dunha antiga vía romana que substituíu o percorrido anterior que percorría Álava.
Afonso VI de León e Castela e Sancho Ramírez de Navarra, tamén no século XI, dotaron de infraestruturas as vilas polas que pasaba o camiño: construción de hospitais para os peregrinos, pontes, melloras no trazado viario, e favoreceu as repoboacións das cidades do camiño, en especial con francos e eximindo do pago dalgúns portádegos aos peregrinos.



HISTORIA DO CAMIÑO:



Tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago na actual Compostela a principios do século IX, o lugar transfórmase en destino de peregrinación para millóns de europeos durante a Idade Media. Os nobres e reis dos pequenos reinos cristiáns da península Ibérica favoreceron o desenvolvemento da ruta de peregrinación, que se converteu no cordón umbilical co resto da Europa cristiá. A marea de peregrinos era tal, que algúns anos superaban en número á poboación das principais cidades do Camiño.





Esta eclosión foi precedida polo cambio e afianzamento de trazado que tivo lugar a principios do século XI, cando Sancho o Maior de Navarra e Alfonso VI de León deciden que a ruta de peregrinación principal discorra polas terras que estaban a ser reconquistadas. O novo Camiño, ademais de ruta de peregrinación, convértese en torrente de cultura, arte, comercio e repobladores, que chegan de toda Europa. A partir do século XVI, as guerras de relixión e o desinterese levan ao esquecemento á ruta xacobea. Algúns anos, os peregrinos pódense contar cos dedos das mans.




A partir dos anos setenta do século XX, comeza un rexurdir do Camiño, grazas ao empeño de anónimos amantes do Camiño, un novo interese das administracións, as visitas do Papa a Santiago nos anos oitenta e o renovado esforzo da Igrexa, o desenvolvemento de múltiples asociacións e confrarías e a declaración de Patrimonio da Humanidade. Os peregrinos do século XXI, fartos da sobrecarga materialista, busca un refuxio ante o mundo que nos asfixia, e ponse en marcha cara a Santiago. O ano 2008 chegaron a Santiago máis de cento venche mil peregrinos dun centenar de países a pé, en bicicleta ou dacabalo, máis unha marea humana diaria imposible de contar de peregrinos en vehículos particulares ou autobuses. Nos últimos anos, ademais, a cifra aumenta ao redor dun 10% respecto ao ano anterior. Peregrinos que buscan e atopan no Camiño abnegación, esforzo, espiritualidade, aventura, solidariedade, compañeirismo, suor, bágoas e alegrías e moito camiño por andar.







HISTORIA DE SANTIAGO APÓSTOL:

Orixinarios de Betsaida, Santiago e Juan eran dous irmáns, fillos do Zebedeo, dedicados á pesca no lago Genesaret na cidade de Cafarnaún (Galilea, hoxe Israel). O seu nome, en realidade, era Jacob, aínda que na súa derivación ao latín Sanctus Iacobus, e despois ao español transformouse en Santiago. De familia humilde, ambos foron chamados por Xesucristo para formar parte do seu reducido grupo de doce apóstolos, do mesmo xeito que outros pescadores da zona como Simón (S. Pedro) ou Andrés.
Conforme avanza a predicación, Santiago convértese nun dos apóstolos con mellor relación con Jesús, xunto con Juan e Pedro, participando en dous momentos craves como a transfiguración no monte Tabor ou a oración no horto das oliveiras. A paixón e a valentía que demostra Santiago, quizá un tanto excesiva e inconsciente, faille merecedor do sobrenome do fillo do trono, outorgado polo propio Jesús.
Tras a morte e resurrección de Jesús, Santiago pasa a formar parte do primeiro grupo cristián que comeza a crecer vertiginosamente primeiro por todo o actual Israel e logo cara a Grecia e Exipto. Cara ao ano 44, Herodes Agripa decide escarmentar á comunidade cristiá co arresto de Pedro e o asasinato de Santiago en Xerusalén mediante decapitación, sendo así o primeiro cristián en morrer pola súa fe.
Coñéceselle como Santiago "o Maior" (por contraposición ao outro apóstolo Santiago "o Menor"). A súa festividade celébrase o 25 de xullo e é patrón de España e Iberoamérica, así como de numerosos pobos e cidades.



VIAS DO CAMIÑO:


O Camiño ten varias vías alternativas, de maior ou menor uso segundo as épocas e circunstancias do seu nacemento:
* O primeiro foi o camiño Primitivo, que, ao parecer, foi o que seguiu o rei Afonso II na súa peregrinaxe a Santiago (inaugurando esta vía dun xeito politicamente interesado).
* O camiño do Norte, pola costa do mar Cantábrico ata Ribadeo e logo polo interior de Galiza. Alternativamente, cruzaba por Abres o río Eo.
* En Francia hai catro vías para a peregrinaxe a Santiago: A vía tolosana, que entra en España por Somport, e as vías Lemosina, Podianense e turonense, que pasaban os Pireneos por Somport para seguir polo camiño francés.
* O camiño francés, que transcorre pola meseta entrando na península por Roncesvalles e en Galiza polo Cebreiro (e que foi o que desprazou en importancia aos anteriores ao facerse máis segura a rota da meseta polo avance da Reconquista).
* O camiño aragonés, era o que seguían os peregrinos que entraban por Somport.
* O camiño portugués, que recolle os peregrinos de Portugal.
Cuncha de Santiago
* A Vía da Prata, por onde viñan os peregrinos do sur de España e que continuaban en Galicia polo
* O Camiño do sueste que ía dende A Gudiña.
* O camiño inglés, dende Ferrol e A Coruña.
* En Italia os peregrinos seguían a vía Francigena, polo que tamén se peregrinaba a Roma.
* As vías marítimas, que realizaban os peregrinos que partían en naves dende as Illas de Gran Bretaña e Irlanda.








OS PEREGRINOS:
A palabra peregrino aplícase á persoa que vai visitar un lugar sagrado, xeralmete andando, por motivos relixiosos.
No caso da peregrinación a Santiago de Compostela, os peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago, dende o século IX en diante, tiveron diversas motivacións, fundamentalmente: Devoción, penitencia canónica para expiar un pecado grave, negocios, roubo, prostitución, por unha promesa, sentenza ditada por un tribunal,por diñeiro, facendo o camiño no nome doutra persoa, isto foi frecuente na Baixa Idade Media cando apareceron auténticos peregrinos profesionais.
-A Viaxe
Antes de saír para facer o camiño era frecuente que o peregrino fixera testamento, xa que a viaxe tiña serios perigos e moitos non voltaban, ou voltaban enfermos e algúns tardaban anos en voltar.
Os peregrinos franceses e alemáns era habitual que fixesen o camiño agrupados en confradías. Os ingleses, escandinavos e flamengos facían a viaxe en expedicións marítimas ata os portos de Ribadeo, Ferrol ou A Coruña, ou mesmo desembarcaban en Normandía ou Bretaña para seguir dende alí o camiño a pé.
A vestimenta dos peregrinos descríbese no sermón Verenanda dies do Codex Calixtinus (ca. 1135), o peregrino levaba un manto con esclavina, chapeu de á ancha e para apoiarse e defenderse dos animais salvaxes un bordón longo. No bordón atábase unha cabaza, no que levaba auga ou viño. Os peregrinos cosían no manto e na esclavina cunchas de vieiras, que se converteu no símbolo do camiño.






No hay comentarios:

Publicar un comentario