lunes, 16 de marzo de 2009

PATRIMONIO

CULTURAL DA ESTRADA

Autoras: Rebeca Bascuas Moure, Yolanda Cerviño Rodríguez, Lucía Barcia Ferro. Alumnas de historia e xeografía de Galicia.

  • A ESTRADA:

Concello do norte da provincia de Pontevedra.O seu nome ven do latín STRATA, que significa "terra pisada", por onde se anda, é dicir, camiño.

Este municipio está formado por 51 parroquias nas que se pode apreciar un legado patrimonial moi diverso.






IGREXAS

Na Estrada hai diversas igrexas de estilo Románico levantadas entre os séculos XI e XII con motivo da gran influencia que exercía a cidade do Apóstolo. Moitas delas foron reconstruídas, ampliadas e ata algunhas levantadas de novo, sobre todo, entre os séculos XVI a XVIII, o que explica a existente mestura de estilo Románico e Barroco. Entre outras temos:

  • A Igrexa de Codeseda:



Nesta igrexa podemos contemplar unha fachada de estilo barroco, na que predominan a simpleza de liñas.

Pola contra podemos observar características do románico na súa cabeceira: como arcos de medio punto e unha ábsida semicircular para rematar as naves.





















  • Igrexa de Loimil:

Nesta igrexa podemos atopar unha mestura de estilos ao igual que a interior:

Un campanario barroco e unha ábsida semicircular con arcos de medio punto románicos.


  • Igrexa de Ouzande:

Nela tamén atopamos unha mestura de estilos; a fachada e campanario barrocos, e pola contra a absida semicircular románicas.


  • Outras igrexas da Estrada coas mesmas características destes estilos:



San Tomé de Ancorados



San Pedro de Ancorados


Igrexa barroca de

Matalobos

















*Detalles románicos da igrexa de Santeles:



Tamén podemos ver outras importantes como a de Barcala, Frades... Así coma diversos cruceiros que se atopan ao seu carón:



*Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas, etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

Cruceiro de Ouzande




Cruceiro de Matalobos




PAZOS

Os Pazos eran fincas señoriais propiedade dos nobres galegos que explotaban o campo ou os viveiros fluviais e marítimos. Os recintos englobaban a residencia familiar e unha serie de dependencias relacionadas co traballo agropecuario ou o culto relixioso. A meirande parte contaba con pombais, hórreos para o secado e almacenamento de cereal, cruceiros, fontes, capelas, pequenas ermidas, etc. convertidos hoxe en pezas de grande valor histórico e en ocasións artístico.
Distribúense con abundancia polas terras do antigo Tabeirós, e

presentan un aspecto castrense cunha grande finalidade defensiva debido ás numerosas loitas da nobreza. Entre as moitas casas do territorio estradense están a casa de Valiñas, a casa Forte de Maindo, o pazo do Preguecido, o pazo da Mota e a Torre de Guimarei.


  • Casona de Valiñas(Callobre):

    Entre as súas dependencias, ademáis da casa destacan un hórreo e unha capela, posúe no seu recinto unha magnifica sobreira milenaria, que dá nome a dita casa.

  • Casa forte de Maíndo (Couso):
    Atópase no interior dun recinto amurallado, no que tamén se observa un hórreo. Consta de dúas portas de acceso, unha delas cun arco de medio punto, e a outra con arco apuntado. Ámbalas dúas teñen esculpido o escudo familiar, que data de 1530.









  • Pazo do Preguecido (Aguións):

    Foi fundado no século XVI por Gómez de Soutomaior, cóengo da igrexa de Santiago. Consta dun hórreo de gran tamaño e un pombal ben conservado.

  • Pazo da Mota (Riobó):

    Está moi ben conservado, e nel destacan: a súa fonte, o seu xardín e a gran chimenea que posúe.






  • Torre de Guimarei (San Xulián de Guimarei):

    Trátase dunha torre do século XII, de planta cadrada, en estado semirruinoso, de orixe medieval, á que se pegou posteriormente o pazo; que consta dunha planta cuadrangular que data do século XVII. A torre carece de teito, pero presenta unha altura de arredor de quince metros. Na parte superior de cada ángulo posúe seteiras e tamén se poden observar figuras de canóns representadas en pedra saíntes.



























  • Pazo de Oca (Santo Estevo de Oca):
    Atópase a once quilómetros da vila da Estrada . Aínda que nas súas orixes foi unha fortaleza, as sucesivas reformas sufridas entre os séculos XVII e XVIII déronlle o seu aspecto actual. Pertencente á Fundación da Casa Ducal de Medinaceli, as súas dimensións, escudos, torres, capela e xardíns, convertérono no máximo representante da arquitectura civil galega.

    O entorno do Pazo de Oca transporta ao visitante a un mundo irreal onde parece que o tempo se detén e a realidade coñecida perde o seu significado. O Pazo érguese no medio da néboa, austero e nobre, facendo gala dos seus escudos nobiliarios. Estes son o reflexo da súa historia e dos seus diferentes propietarios antes de chegar ás mans dos duques de Medinaceli. Construído como fortaleza no século XV por Don Suero de Oca, foi cambiando de propietario ate que a fins do século XVII, aproveitando a pedra da antiga fortaleza, Andrés Gayoso comezou a construción do Pazo.

    O Pazo de Oca sobresae entre os pazos galegos mantendo a un tempo a esencia deste tipo de construcións. Na súa fachada presenta un elemento moi típico das vivendas a xeito de pazo, unha longa galería de madeira que dun lado a outro percorre o groso muro de pedra. Dominando a fachada levántase a torre ameada que lembra a orixe do pazo como casa-forte.

    A igrexa (era común que os pazos tiveran un lugar privado para o culto) é de estilo barroco, con planta de cruz latina, dedicada a San Antonio de Pádua. A súa estrutura e distribución resultan realmente atractivas, pero se por algo destaca O Pazo de Oca é por albergar o xardín máis antigo de toda Galicia. Nel atopamos especies de árbores autóctonas e exóticas que hoxe son xa centenarios, e fermosos estanques e fontes de grande valor artístico, elementos que lle valeron o sobrenome do “Versalles Galego”.

    Todo un monumental conxunto arquitectónico.




















































































PONTES

Estas vías de comunicación foron construídas na Idade Media, e reformadas en séculos posteriores.

  • Ponte románica de Liñares (Callobre):





  • Ponte de Souto (San André de Souto):























  • Ponte románica de Pontevea:




PATRIMONIO POPULAR

Existen no concello da Estrada diferentes edificacións de carácter popular herdadas dun interesante legado patrimonial, do que os nosos ancestos fixeron uso. Algúns destes son:

  • Muíños:

    Un muíño é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo para obter fariña.

    Construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal e movía unha roda de pas, a que á sua vez movía os mecanismos do muíño.


    O muíño predominante na Estrada é o de regato.É de planta rectangular, con muros de cachotaría e cadeirado de granito. A cuberta é de tella plana a dúas augas. Dispón dunha porta nun dos lados curtos. Na parte inferior ten o rodicio, con só unha saída de auga, na que se atopa o mecanismo hidráulico que se comunica coa roda do muíño no interior da construción.

    Estes pódense ver por todo o municipio, aínda que a maioría se atopan nun estado semirruinoso.





  • Hórreos:

O horreo (piorno, canastro, cabazo, cabaceiro...) é unha das construccións tipicas de Galicia e complementarias da vivenda rural.



  • Peto de ánimas:

    É o único que se conserva na actualidade en todo o municipio. Trátase dun altar popular que contén a imaxe da virxe no seu interior. Está ao pé da estrada vella de Tabeirós e é visitada polos viaxantes que rezan e introducen esmolas por unha fenda do altar acondicionado para iso.

  • Rutas turísticas:

    Hai diversas rutas para visitar os principais puntos turísticos da Estrada. Poden observarse visitando a seguinte páxina web:

http://www.turismo.aestrada.com/index.php?option=com_content&task=blogsection&id=18&Itemid=59








No hay comentarios:

Publicar un comentario