martes, 24 de marzo de 2009

A historia dos cabalos do santo.



A lenda conta que fai anos , exisitía nos montes de Sabucedo unha peste , que estaba acabando cos cabalos.


Co medo no corpo , tres vellas ofreceronlle ao Santo , (San Lourenzo) tres bestas .


Para diferencialos do resto dos cabalos , cortouselles a puntiña das orellas.


Entón San Lourenzo protexeunas da peste.


Eses cabalos reproducironse , e hoxe en día , se vamos polos montes de Sabucedo podemos diferenciar que a todos os cabalos dunha das manadas , faltanlle as puntas das orellas.







Manuel Rodríguez Carracedo















Rapa das Bestas de Sabucedo


POR ANTONIO MARTINEZ VIDAL

A Rapa das Bestas é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo, no territorio do concello da Estrada durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de Xullo.

Na actualidade ten máis de 600 cabalos chamadas bestas as femias e garañóns os machos, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se proecede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da Rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. Unha pequena pero fermosa tradición dentro da grande tradición que é a Rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrono de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.

A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudioso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.


Historia

Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser preromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. En 2007 a festa foi declarada de Interese Turístico Internacional, quedando así entre as catro que teñen este galardón en Galiza.



Rapa das bestas


A Rapa das Bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.

A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.

PRINCIPAIS RAPAS

Curro de Torroña Oia Pontevedra 6 xuño 1º domingo
Curro de Mougás Oia Pontevedra 6 xuño 2º domingo
Curro de Morgadáns,
Monte Galiñeiro
Gondomar Pontevedra 6 xuño 3º domingo
Curro de San Cibrao,
Donas
Gondomar Pontevedra 6 xuño 4º domingo
Curro da Capelada Cedeira A Coruña 6 xuño derradeiro domingo
Curro de Campo do Oso,
A Pastoriza
Mondoñedo Lugo 6 xuño derradeiro domingo
Curro de Paiosaco Laracha A Coruña 7 xullo día 1
Curro de Sabucedo,
San Lourenzo de Sabucedo
A Estrada Pontevedra 7 xullo 1º sábado e os dous días seguintes
Curro de Candaoso,
Montes de Buio,
San Andrés de Boimente
Viveiro Lugo 7 xullo 1º domingo distinto do día 1
Curro de Amil Moraña Pontevedra 7 xullo 2º domingo
Curro de Monte Castelo Cotobade Pontevedra 7 xullo 2º domingo
Curro das Cañizadas A Pobra do Caramiñal A Coruña 7 xullo 2º domingo / día 12 ou 19
O Galiñeiro Gondomar Pontevedra 7 xullo 2º domingo
Curro de San Tomé Valadouro Lugo 8 agosto 1º domingo
Curro de Couselo Cuntis Pontevedra 8 agosto 1º domingo
Curro de Paradanta,
Luneda
A Cañiza Pontevedra 8 agosto 4º domingo
Curro da Escusa Poio Pontevedra 8 agosto finais (ou comezo de setembro

No hay comentarios:

Publicar un comentario