
É un rito ancestral de loita corpo a corpo entre o home e a besta, unha singulariedade xenuinamente galega, é unha tradición ritual que empeza un día antes cando os acurradores recorren os montes a pé ou a cabalo e van cercando ás reses cos seus gritos e coa explosión dun cohete que avisa do paso da manada que segue a egua máis vella.

O día seguinte no curro desenrolase todo o espectáculo que se coñece como a Rapa das Bestas e que consiste en marcar e rapar ós cabalos.


Entre os meses de Xuño, Xullo e Agosto teñen lugar as Rapas.
A festa da Rapa das Bestas reúne cada ano a miles de curiosos e numerosos veciños.
A máis importante Rapa das Bestas celebráse en Sabucedo ( A Estrada) o primeiro fin de semana de Xullo tódolos anos. Esta Rapa de Sabucedo é a máis vistosa. Está declarada de Interese Turístico Nacional e este ano ambiciona en convertirse en Festa de Interese Turístico Internacional.
A Rapa das Besta é hoxe unha festa única, definitoria do modo de vida e da tradición dos montes de Galicia. Unha festa para coñecer de verdade as raíces dun pedazo de terra distinto e ata fai pouco distante.
Na Rapa das Bestas de Mougás os cabalos proceden das ladeiras do serra da Groba e dise que xa no seculo XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en liberdade, cabalos robustos e fortes que constituiran unha das razas equinas máis antigas da península.
Outra rapa importante é a rapa que se celebra en Morgadáns. Ao igual que no caso de Torroña, é destacable o enclave xeográfico no que se atopa o curro, ao pé do Monte Galiñeiro, na confluencia dos concellos de Porriño, Vigo e Gondomar. Nas ladeiras do Monte Galiñeiro é habitual atoparse con manadas de cabalos pastando entre os restos de monumentos funerarios ou “mámoas”. Un espectáculo digno de gozar que acada o seu máximo esplendor durante as rapas.


Ademáis de todas estas rapas xa nombradas existen moitas outras como:
Curro de San Cibrán:
Ubicación: límites de Tomiño e Gondomar, San Cibrán, Donas, Pontevedra.
Curro de Amil:
Ubicación: Amil, Moraña, Pontevedra.
Curro de Cuspedriños:
Ubicación: Campo da feira, Cuspedriños, Cotobade, Pontevedra.
Curro de Monte Castrove:
Ubicación:Monte Castrove, San Xoán de Poio, Pontevedra.
Curro de O Xiambre o Monte Xesteiras:
Ubicación: monte Xesteiras, Cuntis, Pontevedra.
Curro de A Capelada:
Ubicación: Pena Toxosa, Montoso, Cedeira, A Coruña.
Curro de O Forgoselo:
Ubicación: Pico das troitas, Monte de O Forgoselo, A Capela, A Coruña.
Curro Campo da Areosa:
Ubicación: Campo da Areosa, Monte Faro, A Coruña.
Curro de Carreira:
Ubicación: Campo Sepulto, Carreira, Zas, A Coruña.
Curro de Campedullo:
Ubicación: Monte Iroite, Lousame, A Coruña.
Curro das Laceiras:
Ubicación: As Laceiras, Vilar de Condes, Ourense.
Curro de O Pedroso:
Ubicación: Monte Pedroso, Petán, A Cañiza, Pontevedra.
Curro de A Paradanta:
Ubicación: Monte de A Paradanta, A Cañiza, Pontevedra.
En Ourense celebranse poucos curros, según os gandeiros e propetarios porque ós cabalos comenos os lobos.

Rapa das Bestas de Sabucedo
POR ANTONIO MARTINEZ VIDAL
A Rapa das Bestas é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo, no territorio do concello da Estrada durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de Xullo.
Na actualidade ten máis de 600 cabalos chamadas bestas as femias e garañóns os machos, divididos en 14 mandas, que viven ceibos nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, coma noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos ao curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a mais importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os "aloitadores", que son os que se encargan de suxeitar a besta ou garañón namentres se proecede á rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar a súa labor. Outra especificidade da Rapa das Bestas de Sabucedo e que a "Baixa" ou actividade de xunta e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galiza e de fora do país. Unha pequena pero fermosa tradición dentro da grande tradición que é a Rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lourenzo (patrono de Sabucedo) para que non aconteza ningún accidente ou desgraza durante a festa.
A rapa é realizada polos aloitadores. O acto da Rapa é asemade segundo o estudioso Manuel Cabada, unha iniciación simbólica do paso do neno á mocidade, ao agarrar por primeira vez un poldro guiado e dirixido polos maiores.
Historia
Xa a principios do século XVIII se teñen noticias da primeira celebración festiva da baixa das bestas do monte, a súa posterior rapa e o marcado dos poldros novos. Aínda así crese, e algúns estudosos como Manuel Cabada recollérono nos seus libros, que a tradición é moito máis antiga e incluso podería ser preromana posto que se atoparon diversos petróglifos na zona, onde se representan a homes sobre cabalos. En 2007 a festa foi declarada de Interese Turístico Internacional, quedando así entre as catro que teñen este galardón en Galiza.

Rapa das bestas
A Rapa das Bestas é o nome da operación que consiste en cortar a crin dos cabalos que se realiza nos curros celebrados en varias localidades do territorio galego.
A máis coñecida é a rapa das bestas de Sabucedo, no concello da Estrada, que dura tres días: o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. De feito, dálle nome á celebración e así fálase da Rapa das Bestas de Sabucedo, mentres que na maioría dos lugares fálase de curro -o nome do recinto pechado no que se recollen os cabalos.
PRINCIPAIS RAPAS| Curro de Torroña | Oia | Pontevedra | 6 | xuño | 1º domingo |
| Curro de Mougás | Oia | Pontevedra | 6 | xuño | 2º domingo |
| Curro de Morgadáns, Monte Galiñeiro | Gondomar | Pontevedra | 6 | xuño | 3º domingo |
| Curro de San Cibrao, Donas | Gondomar | Pontevedra | 6 | xuño | 4º domingo |
| Curro da Capelada | Cedeira | A Coruña | 6 | xuño | derradeiro domingo |
| Curro de Campo do Oso, A Pastoriza | Mondoñedo | Lugo | 6 | xuño | derradeiro domingo |
| Curro de Paiosaco | Laracha | A Coruña | 7 | xullo | día 1 |
| Curro de Sabucedo, San Lourenzo de Sabucedo | A Estrada | Pontevedra | 7 | xullo | 1º sábado e os dous días seguintes |
| Curro de Candaoso, Montes de Buio, San Andrés de Boimente | Viveiro | Lugo | 7 | xullo | 1º domingo distinto do día 1 |
| Curro de Amil | Moraña | Pontevedra | 7 | xullo | 2º domingo |
| Curro de Monte Castelo | Cotobade | Pontevedra | 7 | xullo | 2º domingo |
| Curro das Cañizadas | A Pobra do Caramiñal | A Coruña | 7 | xullo | 2º domingo / día 12 ou 19 |
| O Galiñeiro | Gondomar | Pontevedra | 7 | xullo | 2º domingo |
| Curro de San Tomé | Valadouro | Lugo | 8 | agosto | 1º domingo |
| Curro de Couselo | Cuntis | Pontevedra | 8 | agosto | 1º domingo |
| Curro de Paradanta, Luneda | A Cañiza | Pontevedra | 8 | agosto | 4º domingo |
| Curro da Escusa | Poio | Pontevedra | 8 | agosto | finais (ou comezo de setembro |
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada