O Cálice, emblema do reino
Paralelamente ao proceso de desenrolo e consolidación dos emblemas reais europeos, nacian a finais do século XIII as primeiras compilacións dos mesmos, os armoriais, onde aparecian unha relación de reinos e das respectivas armas empregadas. No caso de Galicia, a antiguidade e proxección da que durante séculos gozou o reino e os seus reis, conlevou a que a súa representación heráldica fose inneludible en calqueira armorial temperán (non así os máis recentes reinos de Castela e León), sen embargo a inexistencia dunhas armas exclusivas de Galicia nese momento orixinou un baleiro que os heraldistas salvaron asignandolle unhas armas parlantes, é dicir a identificación símbolica coa fonética.
Anaco da obra "Pompas fúnebres do emperador Carlos V" no que se representan os estandartes do Reino de Galicia. Autor: Jean e Lucas Doetecum (séc. XVI).
Foi o armorial inglés coñecido como Segar´s Roll, realizado no ano 1282, o primeiro que asignou ao rei ('roy de Galyce) e reino de Galicia un símbolo, o cálice, debido á ecuación fonética Galyce (Galicia) e Calice (Cálice) que se dá na lingua anglonormanda. Apartir de entón os diferentes armoriais europeos comezaron a asignar o cálice como emblema do reino, ata que a mediados do século XV, esté símbolo chegará a Galicia, onde será axiña aceptado. Conseguintemente o antigo león púrpura perdía o caracter representativo da antiga monarquía galaico-leonesa en favor do seu máis coñecido carácter parlante, sendo adoptado en exclusiva polo reino de León apartires do mesmo século.
Os séculos posteriores definirían esteticamente as armas heráldicas, copón dourado en campo azur nun principio, e ao que paulatinamente se irán sumando cruces, o cálice ou copón convertirase nunha copa eucarística, cambiando a cor de fondo dependendo do contexto de uso e engadindo ou restante o lema Hoc, hic, mysterium firmiter profitemur.
Cabe destacar que por ignorar até o máis substancial dos procesos que quedan enunciados, non foron poucos os autores que ao longo do tempo creron erroneamente que o emblema heráldico galego tivera unha orixe remota, indeterminada, ou simplemente que con anterioridade puidera haber outros de carácter semellante e idéntica significación. Algúns historiadores dos séculos XVI e XVII, por exemplo, puxeron en circulación fabulosas invencións[100], como a do tantas veces repetido "dragón verde en campo de dourado", que o cronista Rodrigo Méndez Silva atribuíu aos reis suevos de Galicia[101].

Maikel Fernández
Noraboa pola bitácora; a calidade das entradas é exquisita.
ResponderEliminarMayte